SAÚDA DOALCALDE
Están vostedes a entrar nun proxecto apaixonante: unha ventá aberta ao pasado de Foz.Unha colección de imaxes que mostra a evolución do noso Concello e nos define como pobo. Como administración, debemos traballar para conservar a nosa historia, facilitar o seu estudo e promover a súa divulgación. É unha tarefa colectiva, de todas e todos. Afortunadamente, en Foz contamos con persoas que dedicaron desinteresadamente moitas horas da súa vida a recompilar, ordenar e clasificar vellas fotos e outro material audiovisual da nosa vila, un patrimonio que debemos gardar con mimo para as futuras xeracións. Un traballo non sempre ben recoñecido que non queremos que se perda, que procuramos abrir a todas e todos vostedes para o seu estudo…ou simplemente para o seu goce. Moitas grazas a todos o que o fixestes posible, con ese traballo ímprobo pero tan necesario.
Comezamos, grazas ao apoio do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro –GALP-, polo noso glorioso –por que non dicilo- pasado mariñeiro. Foz foi, é e será un pobo aberto ao mar, e debémoslle unha ben merecida homenaxe. Mais o proxecto continúa, non remata aquí. Coa súa colaboración seguiremos alimentándoo, nutríndoo de máis vellas e novas imaxes, para que o fondo sexa o máis completo posible e a conservación do noso patrimonio audiovisual, a través da ferramenta deste portal, real e efectiva. Cada fotografía, cada vídeo ou documento pode ser un pequeno tesouro. Un pobo sen pasado é un pobo sen identidade. E Foz ten, podemos dicilo con orgullo, identidade propia.