Que é o Arquivo Dixital de FOZ

O Arquivo é unha plataforma para a preservación e difusión do patrimonio documental, relacionado co mundo mariñeiro, dixitalizado polo Concello de Foz con orixe en diferentes fondos fotográficos, documentais e de particulares.

A maiores, buscouse de forma intencionada, poñer en valor o moitas veces esquecido e fundamental papel das mulleres no mundo do mar, cunha colección de imaxes que reflexan moitas das labores que realizaron neses anos.



O obxectivo é difundir os contidos do pasado e da historia mariñeira de Foz, para que as novas xeracións poidan sentir mais preto esta parte tan importante da súa historia.