O Blog

A Historia do Foz Mariñeiro

Se falamos dunha cidade con historia mariñeira, Foz é un referente sen igual.

Remontándonos ao século XVI, o concello contaba cun porto de gran importancia para o territorio de Galicia, así como un dos 3 estaleiros máis grandes da época. Era habitual ver gran cantidade de armadores e pescadores flutuando pola buliciosa localidade, sempre preparados para saír a faenar.

Naquela época (Século XVI – XVII), a tradición mariñeira de Foz estaba moi ligada á captura de baleas, tradición que se mantivo moitos anos sendo apoiada por membros da fidalguía, como é o caso dos Miranda nos portos de Rego e Foz.

Foi esta tradición baleeira a que impulsou en gran medida o crecemento da industria mariña en localidades como Foz, tendo como consecuencia que, co paulatino declive da caza de baleas co paso dos anos, existise unha infraestrutura previa que permitiu manter e potenciar os negocios relacionados co mar.

É así como Foz foi, é e será sempre unha poboación estreitamente ligada ao mar. Aínda que é certo que non goza do esplendor e bulicio que tivo durante tantos anos, Foz sempre foi un pobo pesqueiro e a súa historia, a súa tradición, seguen vivas en cada unha das persoas que viven alí.

En palabras dos propios veciños de Foz; “Non atoparás en ningures un pobo que teña tan claro os seus sentimentos cara ao seu patrimonio e que se preocupe tanto por preservalo e mantelo vivo”



As mulleres mariñeiras

O papel das mulleres no correcto desenvolvemento da historia mariña en Foz foi, como pouco, fundamental, do mesmo xeito que o foi en moitos outros lugares tanto de Galicia como de España.

Mariscadoras, redeiras, traballadoras de sálgaa e a conserva e unha infinidade de labores máis, de hoxe e do pasado, tiveron, teñen e terán un papel determinante no uso dos recursos mariños, a súa xestión e a súa orientación cara ao futuro.

Co proxecto de arquivo dixital que se levou a cabo en Foz, buscamos que se reflictan de forma fidedigna todas estes esforzos, traballos, tarefas e labores que todas estas grandes mulleres realizaron outrora.

A través de multitude de material audiovisual, como o son as moitas fotografías de “As mulleres e o mar”, buscamos que, en todas partes do mundo, sáibase a gran importancia que tiveron estas mariñeiras para que a historia e o patrimonio mariño de Foz sexa o que é hoxe en día.

Cada vez é máis habitual ver cargos de importancia dentro das confrarías, concellos costeiros e outras diversas entidades/empresas relacionadas co mundo mariño, ser ocupados por figuras femininas, mostrando así ás novas xeracións que, no mar, non soamente hai cabida para os homes, senón que as mulleres son tan importantes como eles.

Sen elas, isto non sería posible, e este sentimento de agradecemento é compartido por toda a poboación de Foz.