O proxecto


O Arquivo Dixital do Concello de Foz insírese dentro do para a posta en valor dos fondos documentais históricos do Concello de Foz

O promotor do proxecto é o Concello de Foz que desempeña unha importante labor como órgano promotor do patrimonio histórico pesqueiro e da importancia do mar para Foz.

Nesta labor, o Concello de Foz está moi implicado, buscando representar e promocionar os intereses socioeconómicos da localidade e prestar servizos de carácter xeral dos seus veciños.

Ademáis das súas labores de xestión e representación dos veciños de Foz, o Concello ten a mirada posta no presente e no futuro máis próximos, buscando a prospección de dinamización do sector do mar local, tanto a un nivel turístico coma económico.

O Concello de Foz é o símbolo de referencia da protección e promoción da historia marítima e pesqueira da localidade, adaptándose co paso do tempo a relación do mar coa localidade, nun inicio cun forte peso pesqueiro, que o Concello quere poñer en valor, para potenciar e preservar a historia do mar de esta localidade, adaptándose ao paso do tempo e ofrecendo soporte ao crecemento do turismo.

A composición do Concello de Foz está composto por un total de 10 persoas; un alcalde e 9 concelleiros, un dos cales, reflexando a importancia do mar para esta localidade, é Concelleiro de Patrimonio, medio ambiente, medio rural e Mar. O 40% de este órgano está composto por mulleres.



COLABORADORES DO PROXECTO

  • Juan José Vivancos (fotógrafo)
  • Xesús do Breogán
  • Antón Niñe
  • Antonio Ares, pai
  • Antonio Ares, fillo
  • Antiguas fotos de Foz. Páxina facebook
  • Santiago da Puebla.
  • Cofradía de Pescadores
  • Clube Náutico
  • Arquivo Foto Celta recuperado por Vicente Fernández Muñíz (Vitito)
  • Humberto Fernández Rego
  • Severo Prado Casal
  • Cesarín e Jo
  • Pernas do Centiño
  • Bonaerenses
  • Inés Fraga Naray
  • Asociación cultural a Rula
  • Marcelino Villarino Cageao
  • Xoan Ramón Pacios
  • Isaac Pérez Blanco


OBXECTIVO XERAL DO PROXECTO

Creación dun escaparate virtual participativo orientado á posta en valor do patrimonio material e inmaterial do Concello de Foz vencellado á cultura mariñeira

RESULTADOS ACADADOS

  • Organización integral do arquivo documental do Concello de acceso público.
  • Dinamización da zona de influencia do GALP
  • Conservación e mellora do patrimonio inmaterial do Concello.
  • Preservación da tradición da cultura mariñeira.
  • Revitalización do patrimonio inmaterial.
  • Catalogación e inventariado dos fondos
  • Acceso público e participativo a través de escaparate virtual.
  • Facilitar a transmisión xeracional do patrimonio.
  • Creación de sinerxias e redes de traballo colaborativo entre entidades do territorio para a difusión e valorización do patrimonio e cultura mariñeira.
  • Posta en valor do patrimonio costeiro e participación e coñecemento da comunidade local no patrimonio cultural e tradicións mariñeiras
  • Fomento do relevo xeracional no sector pesqueiro a través dun mayor coñecemento dos recursos