Turbas en Arealonga
Título
Turbas en Arealonga
Signatura
ADCF.7.01803
Serie
Hidronimia da costa de Foz
Descrición
O achado destes restos fósiles na praia de Arealonga, foi unha grande sorpresa para tódolos veciños de Fazouro e Nois, pois nun principio confundíronas con "chapapote" do naufraxio do pretroleiro Prestige pero o que menos se imaxinaban, era que se trataba de turbas de grande interés científico.
Cabe destacar, que os máis anciáns da zona, recordaban que os seus avós lles contaban que ao baixar o mar e en mareas vivas, quedaban restos de arboredo ao descuberto, ditos restos eran transportados polos labregos en carros tirados por vacas ou bois ata as súas casas, e unha vez secos os troncos sevían para facer lume porque duraban máis tempo que a leña que traían dos montes e quentaban mellor, segundo contaba Vicente Sixto, veciño da parroquia de Nois.
As turbas descubertas nesta praia, están consideradas polos expertos como as máis importantes de Europa e teñen unha antigüidade de 120.000 anos. Foron visitadas e analizadas ata por expertos procedentes de Canadá.
Ano
2025
Autor
Fondo Xesús do Breogán
Lugar
Fazouro-Nois
Dimensións
2272x1704
Soporte
Fotografía