A pedra sagrada de Xacobe
Título
A pedra sagrada de Xacobe
Signatura
ADCF.7.01798
Serie
Hidronimia da costa de Foz
Descrición
Tamén é coñecida co nome de "Pedra do destino".
Posiblemente vos soe máis en castelán, Jacob. Segundo a Biblia, Abrahanb era para Deus o home máis xusto da terra. Prometeulle ser o patriarca dun gran pobo. Abrahan tivo un fillo bastardo chamado Ismael, pero despois, tivo outro fillo froito do seu matrimonio con Sara. Este fillo, chamado Isaac, tivo tamén dous fillos, Esaú e Xacobe. Pois ben, este Xacobe, nunha ocasión camiñando de cara ao seu fogar, fíxoselle noite no camiño e quixo deitarse a durmir, e colleu unha pedra para colocala na cabeza a xeito de almofada. Estando durmido tivo un soño: soñou que había unha escaleira que ía da terra ao ceo. Pola escaleira subían e baixaban anxos e despois, no centro superior da escaleira aparecíaselle Deus que lle dicía así " ti serás o patriarca dun gran pobo herdado de Abrahan teu bisavó".
Efectivamente, Xacobe tivo doce fillos, que deron orixe a o que hoxe lle chamamos Israel.
Pois ben, esta pedra non se sabe nin como nin cando, chegou a Galicia, posiblemente aquí á Mariña. Nós subimos a Irlanda, Escocia e Bretaña, como antes dixemos e a nosa relación cultural e familiar con aquelas tribos, collemos e regalámoslle esa pedra aos escoceses. Os ingleses roubáronlle a pedra aos escoceses, e a tiveron en Inglaterra moitos séculos.
Cando Escocia fixo o referendum para independizarse de Inglaterra, o 18 de setembro do 2014, a raiña Isabel II devolveulles a pedra aos escoceses, pero con unha condición, que cando se coroara un novo rei en Inglaterra, Escocia prestaríalles a pedra para a coroación, feito que así aconteceu cando o día 6/05/2023, os escoceses prestaron a pedra para coroar ao rei Carlos III de Inglaterra.
A Pedra Sagrada de Xacobe mide 66,04 centímetros de longo por 40,64 de ancho e 25,04 de profundidade e pesa 152 Kg.
(Reproducción de debuxo realizado pola pintora ucraína, Sofía Andrushenko).
Ano
2025
Autor
Fondo Xesús do Breogán
Dimensións
5120x3697
Soporte
Fotografía