Cova do Mouro
Título
Cova do Mouro
Signatura
ADCF.7.01780
Serie
Hidronimia da costa de Foz
Descrición
Topónimo composto con nexo de preposición e artigo contracto.
Orixe latina.
1º Cova: do latín vulgar "cova" "oca".
2º Mouro. Do latín "mauru".
Mouros: As mouras e os mouros son criaturas fantásticas, do folclore galego e portugués, "son os constructores dos castros, mámoas, castelos, petrógrifos, penedos, covas, etc. Son un pobo máxico, hoxe agachado baixo terra, pero que antes foron a Mouridade. Ó noso parecer, son os antigos habitantes de Galicia, sublimados e encantados.. Pero ademáis, naturalmente gardan os tesouros ós que non lles dan ningún aprecio. Chama a atención que case tódolos útiles son de ouro: grades, xugos, arados, tesoiras, fouciños,os xogos, como o dos bóles, e ata os bois".
Deste lugar hai unha lenda moi curiosa, se di que esta cova chega xusto ao barrio de Lousada. Contan que ten un percorrido de máis de dous kilómetros. No seu interior, segundo din, existe unha praia e unha lagoa ou pozo de auga. No remate da cova, que ó parecer acaba debaixo da capela da Concepción, existe soterrada outra capela na que aínda se conservan as imaxes, pero dita cova ninguén aínda a puido explorar. Teño entendido que o seu interior veuse a baixo.
Ano
2025
Autor
Fondo Xesús do Breogán
Lugar
Fazouro
Dimensións
1772x1181
Soporte
Fotografía