Punta do Portugués vocal
Título
Punta do Portugués vocal
Signatura
ADCF.7.01772
Serie
Hidronimia da costa de Foz
Descrición
Deste elemento do topónimo carecemos de datos, de argumentos e de ocorrencias. Aínda que, en falando de ocorrencias, podería tratarse dun xentilicio (persoa orixinaria dun determinado lugar ou país, neste caso Portugal) de poseedor ( o portugués de Fazouro) desa punta que nos indica o primeiro elemento do topónimo. Esta é a opinión de Isaac Pérez e Xosé González. Pero como imos ver, tanto Isaac como Xosé non se equivocan, porque neste caso, trátase do portugués que vivía nunha casa que había aí. Era Eugenio Ventura, portugués casado con Dorinda Martínez, coñecido como Chirolos. Ao parecer, este portugués era de carácter forte, voceaba moito, sobre todo coa muller e de aí, o de Portugués Vocal (vocal de voz).
Ano
2025
Autor
Fondo Xesús do Breogán
Lugar
Fazouro
Dimensións
1772x1181
Soporte
Fotografía