Corvelle, moxega de Corvelle
Título
Corvelle, moxega de Corvelle
Signatura
ADCF.7.01763
Serie
Hidronimia da costa de Foz
Descrición
No ano 1958, constrúese a primeira moxega para a extracción de area para a construción. Pouco máis tarde, construiríase unha segunda, preto da primeira, pero máis grande.
A sociedade formada por Ángel Rocha (o muiñeiro de Fazouro) e José Candia (médico de Foz), solicita daquela o permiso ao organismo estatal "Ayudantía de Marina".
No tempo de duración da súa actividade, ata 1970, traballaron nela un total de 10 obreiros.
O sistema de traballo era en forma de teleférico. Un obreiro arriba na máquina de tracción e dous abaixo na praia, cargando o caldeiro que subía tirado por un cable.
Extraíanse 30 metros cúbicos diarios de area.
Ano
2025
Autor
Fondo Xesús do Breogán
Lugar
Fazouro
Dimensións
1639x1032
Soporte
Fotografía