Toponimia e Hidronimia do Concello de Foz. A Cova de Marzán.

Título

Toponimia e Hidronimia do Concello de Foz. A Cova de Marzán.

Signatura

ADCF.7.00949

Serie

Hidronimia da costa de Foz

Descrición

Sempre dende moi neno, escoitei falar dunha cova en Marzán, que ía dende o pazo do Pico do Castro ata o Cu do Castro, en Llas. Pero díxose que era unha lenda, ningúen a vira xamais na vida. Pero, resulta que, no mes de abril de 2005, escavando na rúa de Xove para construír un edificio, a maquinaria encontra a famosa cova de Marzán.

A cova medía  duns 1,80 metros a 2,00 metros de altura. A parte de abaixo que vedes tapada pola porcalla e a auga que co paso dos séculos lle foi entrando polas ventás de respiro.

Data de Inicio

2005

Data de Fin

2010

Autor

Fondo Xesús do Breogán. Fotos dron " O Moucho" de Pablo Cid (Touche)

Lugar

Foz

Dimensións

1600x1200

Soporte

Fotografía