Toponimia e Hidronimia do Concello de Foz. As Figueiras 02.

Título

Toponimia e Hidronimia do Concello de Foz. As Figueiras 02.

Signatura

ADCF.7.00920

Serie

Hidronimia da costa de Foz

Descrición

Imos ver un detalle da palabra FOZ: ven do latín "fauce", desembocadura, desfiladeiro ou paso estreito entre montañas.

Pero aquí imos ver algo moi interesante, que aparece no libro" Foz, memoria histórica" de Xoán Ramón Fernández Pacios e Pilar López Pérez, que di así:

"A referencia máis antiga sobre a existencia dun porto que puidemeos atopar en Foz é do ano 969 (século X). Atopámolo no Boletín de la Comisión de Monumentos de Lugo", neste documento anónimo que leva por título, "Memoria de la Fundación del Monasterio de San Salvador de Lorenzana y de los abades que han tenido desde su fundación hasta este año de 1723". Fala sobre do sartego do Conde Santo e sitúanos na era de M e VII, que ven a ser o ano 969, se ben a primeira vista, este documento semella non achegar moitos datos pois tan só dedícase a falar de como chegou o sartego a terras galegas.

Di así: "Caminando el sepulcro con su cubierta sobre las aguas todo el mar Mediterráneo...vino a dar en el puerto que entonces llamaban Moreda y ahora Foz, sin reparar los naturales estotro día en lo que había traído la marea.

Non puidemos a topar ningún outro documento onde aparecese o nome de MOREDA para designar o que hoxe é Foz."

 

Para Manuel Vázquez Seijas (historiador de Lugo: 1884-1982), o topónimo Moreda "deriva de moral o moreal, sembrado de  o plantación de moreras, extensamente cultivadas en la España Levantina y Meridional". O cultivo de moreiras como sabemos, ten como fin alimentar coas súas follas ao verme da seda, cousa que nos parece moi improbable que tivese lugar en Foz.

Moreda pode ser tamén un antropónimo, pero Manuel Vázquez Seijas di que o apelido Moreda, puido entrar en Galicia pola chegada a estas terras de "individuos de vasconia con motivo de las peregrinaciones jacobeas". Data o señor Vázquez a entrada destes individuos ao redor dos séculos XVI e XVIII, polo tanto moi posterior ao Moreda do século X que aparece en Foz.

Pero digo eu e como opinión persoal, aquí, hai algo que se lle puido escapar a Manuel Vázquez Seijas, pois resulta que, se miramos o nome científico en latín destas figueiras "Ficus carica", podemos apreciar que esta figueira é da familia das MORACEAS, igual que a silveira ou a moreira, polo tanto, non priva que efectivamente ese escrito do ano 969, século X, teña algo ou toda a razón.

Data de Inicio

2005

Data de Fin

2010

Autor

Fondo Xesús do Breogán. Fotos dron " O Moucho" de Pablo Cid (Touche)

Lugar

Foz

Dimensións

1600x1156

Soporte

Fotografía