Porto de Fazouro
Título
Porto de Fazouro
Signatura
ADCF..7.01777
Serie
Hidronimia da costa de Foz
Descrición
Este é un porto natural, non hai nada de man de obra humana: nin cemento, nin madeira, nin ferro, nada. Era un porto de lanchas pequenas como: a Giralda, de Marisa de Eulogio, A Paz, Portovello ou Micaela do Coi, Mensajera de Eulogio Val, San Campio de Isabel dos Gatos, Amelia e Amador, Río Ouro de Francisco do Chirolo, José Mary de Lilao, Madre Concepción de Bienvenido de María Rosa de Legaspi.
As lanchas Micaela, Giralda e A Paz, adoitaban a pescar o marisco: langosta, lubrigante, centola, nécora, etc.
As outras lanchas andaban ao trasmallo e embalos.
Trasmallo: Triple rede. Arte de pesca formado por tres redes, que se cala con pedras ou chumbos.
Embalo: Arte de pesca consistente en facer ruídos na superficie do mar, para que os peixes, asustados, se precipiten nas redes.
Ano
2025
Autor
Fondo Xesús do Breogán
Lugar
Fazouro
Dimensións
1772x1181
Soporte
Fotografía